Section outline

  • Horario PAU 2025. 

    • Aínda que podes vir ao Departamento de Orientación para aclarar calquera dúbida aquí tes as resposta que da a CIUG a determinadas preguntas tipo: Como se calcula a nota de admisión a unha titulación determinada? Se me presento á parte voluntaria tamén me pondera a Materia de modalidade da parte obrigatoria? Se me presento ás probas ABAU (parte obrigatoria e parte voluntaria) e non supero a parte obrigatoria, consérvase a parte voluntaria para o ano seguinte? Consérvase para a convocatoria extraordinaria? ETC!

    • Aínda que esto e información para o futuro moi futuro, aquí tes info para que cando pases a PAU (ou a FP Superior) e sexa o memomento de pedir titulacions aquí tes algunhas respostas a posibles dúbidas que podas ter: canta titulación podes pedir, listas de espera etc

    • Toda (ou case toda) a información que vas precisar sobre o acceso a universidade. PERO LEMBRA! soamente para a PAU de Galicia e o noso Sistema Universitario Galego (U. Vigo, U. Santiago e U. de Coruña). Se queres info doutras ponderacións ou formas de acceso a outras unis, no programa Orienta tes toda a información sobre as outras comunidades autónomas.

    • Grado en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte
      Dirixidas a garantir que o alumnado posúa as aptitudes necesarias para o correcto desenvolvemento das competencias propias da titulación establécese que o alumnado que queira cursar esta titulación deberá superar unhas probas de aptitude física.  A inscrición adoita ser agora no segundo trimestre polo que debes estar atento se á web de cada grao universitario se queres ir. Desde o curso pasado recoñécense as probas da uni de coruña na uni de vigo e viceversa. Se queres facer este grao noutra comunidade autónoma debes consultar se che validan as probas de Galicia na propia facultade
      CORUÑA
      VIGO

      Grado Industríal de MODA UDC
      Requisito de nivel de inglés para ingresar.