Section outline

  • Obter a certificación

    O Marco galego de competencias dixitais recolle a certificación como o mecanismo idóneo para medir, de forma obxectiva, o nivel de competencias dixitais.

    A posible obtención dun certificado oficial é unha motivación para as persoas que participan nos diferentes plans formativos e un lugar onde poñer en práctica os coñecementos, habilidades e actitudes adquiridas para seren persoas capacitadas dixitalmente.

    A proba de certificación.

    A proba de certificación é unha das vías existentes para a obtención da certificación ComDix; esta consiste na superación dunha proba única que permite acreditar que unha persoa ten os coñecementos e habilidades propios do nivel de certificación ao que se presenta.

    A proba de certificación para a obtención de ComDix, tanto para nivel iniciación como intermedio, comprende o contido das 21 competencias das 5 áreas de dominio. Para o nivel avanzado e especializado está recollida a opción de certificación por áreas de dominio de forma independente.

    Paso a paso o día da proba (2º Bacharelato - MARZO 2026).

    1. Acceso á plataforma o día da proba. Para acceder á plataforma, o día da proba, cómpre dispoñer dun usuario (número de DNI) e un contrasinal facilitado polo persoal supervisor da proba.
    2. Xerar a proba de certificación. Para xerar unha proba de certificación será necesario activar a convocatoria cun PIN, facilitado tamén pola persoa supervisora da aula.
    3. Pasos antes da primeira pregunta. A proba consiste nun cuestionario composto por 12 preguntas de diferente complexidade que inclúe a avaliación das 4 competencias referidas a Área "Seguridade e Privacidade", onde se definen os descritores de avaliación para cada competencia. Polo tanto é so unha parte da proba, a de o área 4 "Seguridade e Privacidade", xa que as outras catro áreas considéranse "superadas".

      No momento da realización da proba, a persoa aspirante pode elixir o idioma desta: galego ou castelán.

      As principais características da proba de certificación son as seguintes:

      1. Establécese un tempo máximo de 20 minutos para a súa realización, transcorrido o cal recíbese unha mensaxe de finalización de tempo e, por tanto, finalización da proba.
      2. En pantalla amósase en todo momento o tempo que resta para a finalización da proba.
      3. A tipoloxía de preguntas é variada: resposta simple, múltiple, arrastrar e soltar, relacionar...
      4. As preguntas que se contesten de forma errónea non restan puntos.
      5. Para que unha proba sexa considerada apta será preciso superar o 70% das preguntas totais e o 60% das preguntas referentes a cada unha das cinco áreas (isto último para niveis iniciación e intermedio).
      6. Durante toda a proba hai dispoñible o botón de Mostrar axuda onde se definen as pautas de como responder a pregunta segundo a tipoloxía.