Section outline

  • EU flag

    A Competencia Dixital é un conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes para usar a Tecnoloxía de xeito creativo, crítico e seguro que permita as persoas alcanzar os seus obxectivos para o traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, o ocio, a inclusión e a participación plena na sociedade.

    ÁREAS E COMPETENCIAS DO MARCO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

    Para defininir e avaliar o uso da tecnoloxía dixital, o marco galego establece cinco grandes áreas de dominio, que se desglosan en 21 competencias:

    Información e datos

    Navegar, buscar, filtrar, avaliar e xestionar os datos, a información ou o contido dixital.


    • Navegar, buscar, localizar e filtrar información, datos e contidos dixitais.
    • Avaliar e verificar a información, os datos e o contido dixital.
    • Manexar a información, os datos e os contidos dixitais.

    Comunicación e colaboración

    Interactuar, compartir, participar e colaborar a través das tecnoloxías dixitais. Coñecer as regras de comportamento na rede e xestionar a identidade dixital.


    • Interactuar a través de tecnoloxías dixitais.
    • Compartir a través de tecnoloxías dixitais.
    • Participar na sociedade a través das tecnoloxías dixitais.
    • Colaborar por medio das tecnoloxías dixitais.
    • Comportarse na rede: Netiqueta.
    • Xestionar a identidade dixital.

    Creación de contido dixital

    Facer, refacer ou compoñer contidos dixitais. Entender como se aplican os dereitos de autor e as licenzas de uso. Inclúe a programación como xeito de expresarmos nunha contorna dixital.


    • Crear contido dixital.
    • Refacer e compoñer contidos dixitais.
    • Atender aos dereitos de autor e licenzas.
    • Programar.

    Seguridade e privacidade

    Protexer os dispositivos e os datos persoais, resgardar o privado e preservar a saúde, o benestar e o medio ambiente.


    • Protexer os dispositivos.
    • Protexer os datos persoais e a privacidade.
    • Protexer a saúde e o benestar.
    • Protexer o medio ambiente.

    Contorna dixital e solución de problemas

    Coñecer a contorna, configurar os dispositivos tecnolóxicos e resolver problemas técnicos, identificar as necesidades de resposta tecnolóxica, usar as tecnoloxías de forma innovadora e creativa e identificar fallas nos coñecementos dixitais.


    • Comprender a contorna dixital e resolver problemas técnicos.
    • Identificar necesidades e respostas tecnolóxicas.
    • Usar as tecnoloxías de xeito creativo.
    • Identificar fallas nos coñecementos dixitais propios.

    Fonte: https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html