Section outline

    • PRÁCTICA INSTRUMENTAL

      MÚSICA DO SÉCULO XX

      Comezamos o curso, interpretando unha versión de Ernst Toch sobre a Fuga Xeográfica. Toch, compositor austriaco, desenvolveu a súa labor compositiva na primeira metade do século XX e destacou por ser un dos impulsores da canción falada ( spoken chorus). A través da textura imitativa e de contrastes de matices, este traballo transfórmase nun divertimento cuxa temática trata as emocións que produce o fin de semana nos adolescentes.

    • No ano 1867, o compositor austriaco Johann Strauss compuxo para o entroido de Viena este valse que nun inicio non foi ben acollido. Porén, ese mesmo ano estrenouse na Exposición Universal de París e acadou un éxito absoluto, converténdose no valse máis popular de toda a historia occidental. Hoxe en día continúa  sendo a melodía favorita para o día de aninovo, vodas e celebracións. Cos seus valses Strauss, soubo captar a orixe desta danza campesiña baseada en movementos rotatorios e de balanceo e trasladala aos palacios de danza urbanos onde cada noite se reunían para bailalo de duascentas a dez mil personas.

    • DOCUMENTOS, COMENTARIOS  E TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

    • Opened: lundi 13 octobre 2025, 00:00
      Due: mercredi 15 octobre 2025, 00:00
    • Opened: jeudi 6 novembre 2025, 00:00
      Due: jeudi 6 novembre 2025, 23:59
    • Opened: jeudi 20 novembre 2025, 00:00
      Due: dimanche 23 novembre 2025, 23:00

      Inclúe na túa entrega, ademais do audio identificado en formato mp3,  o guión en PDF onde se inclúa o nome dos participantes e as partes realizadas por cada un.