Section outline

  • Aínda que temos que esperar a convocatoria oficial de PAU que sairá no DOG en febreiro seguramente temos unha posible novidade moi interesante!!

    Se lembrades, na parte voluntaria da PAU (antiga EBAU) podíasche presentar ata un maxímo de 4 materias cursadas ou non cursadas e esas notas gardábanchas para dous cursos (o do ano do exame e o seguinte), véndose afectados os chicos e as chicas que facían un FP pois, digamos,  perdían esas notas baremadas ao querer ir solicitar acceso á uni 3 xuños despois facer a PAU. POIS BEN, novidades!

    Agora as notas da fase voluntaria gárdanse TRES ANOS!! (o propio do exame, e dous máis) de maneira que se fas un FP superior e termínalo dentro dos dous anos, poderían sumarche esas notas que saque agora na parte voluntaria cando queras acceder a uni tras rematar o FP! É unha moi boa noticia, ogallá o confirmen na convocatoria do DOG!

    Outra novidade que sí que parece estar confirmada é que varía un pouco a elección desas 4 materias xa que agora son 3 máis unha lingua tal e como se che explica no seguinte cadro.