• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Departamentos/Aulas
    • Filosofía
    • Física e Química
    • Inglés
    • Matemáticas
    • Música
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Información
  • Calendario
  • Contido recente

User account menu

  • Iniciar sesión
CAPTCHA
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.
This question is for testing whether or not you are a human visitor and to prevent automated spam submissions.
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Departamentos/Aulas
    • Filosofía
    • Física e Química
    • Inglés
    • Matemáticas
    • Música
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Información
  • Calendario
  • Contido recente

Miga de pan

  • Inicio
  • CHARLA-COLOQUIO SOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA

CHARLA-COLOQUIO SOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA

Os deputados Xosé Luís Rivas Cruz, Juan Fajardo e Sandra Vilela

Sandra Vilela Riveiro, exdeputada do PP, Xosé Luís Rivas Cruz, exdeputado do Bloque Nacionalista Galego e Juan Fajardo exdeputado de Esquerda Unida, achegáronse ao noso Centro para participar nunha charla-coloquio sobre a principal institución de Galicia co alumnado de 3º e 4º da ESO.

A charla abriuse cunha proxección audiovisual que explica a composición, os órganos e o funcionamento do Parlamento; a continuación abriuse o coloquio no que os invitados repasaron o seu paso pola política e explicaron a importancia do Parlamento. Comentaron que hoxe en día, os parlamentos son lugares silenciados, que non aparecen nas informacións, e que isto obedece ao obxectivo de desacreditalos como principais pezas da representación democrática. Subliñaron a importancia da palabra e do debate como ferramenta na democracia. Sinalaron que o control ao goberno debe exercerse tanto dende a oposición como dende o grupo que ampara o goberno.

Os expolíticos deron resposta ás inquedanzas que expresou o alumnado a través das súas preguntas: por que entraron no mundo da política, o poder dos grupos de presión (lobbys) na elaboración das leis, a relación entre deputados de distintos partidos. Tamén se falou da pouca confianza que a sociedade ten actualmente nos políticos debido ao comportamento nada exemplar dalgúns deles. Neste sentido ambos defenderon unha actividade política digna e loable que regule o día a día.

En conclusión, unha sesión divulgativa moi interesante na que se espallaron os valores da democracia entre a mocidade nun momento en que hai interese, por parte de algúns sectores, en quebrar o sistema actual.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES Maximino Romero de Lema