• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Información
  • Aula mentor
  • Aula virtual
  • Blog da Biblioteca
  • Correo edu.xunta
  • Programas
    • Benestar Dixital
    • Club de Ciencia
    • Galemundo
    • Iniciación segura á pegada dixital
    • Navega con rumbo
    • Polos creativos
    • Que non te líen, ti elixes!
    • Radio na Biblio
    • Talentos inclusivos

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Información
  • Aula mentor
  • Aula virtual
  • Blog da Biblioteca
  • Correo edu.xunta
  • Programas
    • Benestar Dixital
    • Club de Ciencia
    • Galemundo
    • Iniciación segura á pegada dixital
    • Navega con rumbo
    • Polos creativos
    • Que non te líen, ti elixes!
    • Radio na Biblio
    • Talentos inclusivos

Miga de pan

  • Inicio
  • O PROXECTO "MIÑO EN XOGO" FINALISTA NOS PREMIOS AMI 2026

O PROXECTO "MIÑO EN XOGO" FINALISTA NOS PREMIOS AMI 2026

Imaxe do xogo

O proxecto «Miño en xogo» foi seleccionado como finalista dos Premios Mentes AMI 2026 da Fundación Atresmedia, na categoría de Desenvolvemento da Competencia Dixital.

Este recoñecemento supón un importante impulso ao traballo, á dedicación e á ilusión que se poñen día a día no centro para innovar, aprender e transformar a educación a través da tecnoloxía.

«Miño en xogo» é un proxecto interdisciplinar no que participou profesorado de diferentes departamentos do centro, achegando coñecementos, perspectivas e experiencias diversas. Entre o profesorado participante atópanse Judit Carbajo, do departamento de Historia, e Fran Velo, do departamento de Tecnoloxía, xunto coa coordinación e participación dos profesores do departamento de Informática Fina Paulos e Óscar Rey.

A selección como finalistas pon en valor o compromiso do centro cunha educación que aposta pola innovación, polo desenvolvemento das competencias dixitais e polo uso da tecnoloxía como ferramenta para favorecer novas formas de aprender e ensinar.

O proxecto forma parte dos finalistas da categoría de Desenvolvemento da Competencia Dixital e o nome do proxecto gañador coñecerase o vindeiro 17 de outubro, durante o Encontro Mentes AMI, que se celebrará en Kinépolis Ciudad de la Imagen (Madrid).

Queremos compartir esta alegría con toda a comunidade educativa e agradecer especialmente a todas as persoas que, dun xeito ou doutro, contribuíron a facer posible «Miño en xogo».

Parabéns a todo o equipo! Ser finalistas destes premios é xa un recoñecemento ao traballo colectivo, á capacidade de innovar e ás ganas de seguir transformando a educación.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES Maximino Romero de Lema