Hoxe queremos felicitar de corazón á nosa compañeira de Educación Física, Merce Barrientos, pola lectura da súa tese doutoral.
Este logro é o resultado de moitos anos de esforzo, traballo, dedicación e ilusión, e non podemos estar máis felices de compartir contigo este momento tan importante.
Para nós é un verdadeiro pracer traballar contigo, compartir as aulas e formar parte do día a día do centro. O teu compromiso, a túa entrega e a túa maneira de vivir a profesión son un motivo de orgullo para toda a comunidade educativa.
Parabéns, Merce! Que disfrutes moitísimo deste merecido recoñecemento.
Noraboa, doutora!