Onte o alumnado de 3º da ESO participou na actividade de almorzos saudables, comezando a xornada cun almorzo completo e equilibrado no centro.
Na primeira hora puideron desfrutar de leite, iogur, cacao, avea, tostas de pan con aceite e xamón, e unha variada selección de froita: plátano, mazá, mandarina e pera.
Unha boa oportunidade para lembrar a importancia de comezar o día cun almorzo variado e nutritivo, que nos axuda a afrontar con enerxía a xornada lectiva e favorece uns hábitos de alimentación saudables.
Porque coidarnos tamén é aprender a alimentarnos ben!