Hoxe foi a quenda do alumnado de 1º de Bacharelato A, que participou na actividade de almorzos saudables no centro.
Comezaron a xornada cun almorzo completo e equilibrado con leite, iogur, cacao, avea, tostas de pan con aceite, xamón e aguacate, acompañado de froita variada como plátano, mazá, mandarina e pera.
Para moitos deles foi a primeira vez que participaban nesta actividade, xa que son alumnos e alumnas novos no centro. E a experiencia encantoulles! Foi un momento para compartir, descubrir novos alimentos e, sobre todo, lembrar a importancia de comezar o día cun bo almorzo antes de afrontar a xornada lectiva.
Unha maneira estupenda de coñecernos, compartir e incorporar hábitos de alimentación saudables desde primeira hora do día.