Información para os titores legais
Comunicación cos titores de grupo:
A comunicación cos titores de grupo pode realizarse mediante a aplicación AbalarMóbil ou por teléfono. Aconséllase facelo pola aplicación e cando sexa por teléfono hai que solicitar cita previa chamando ó 982828020. Temos que ter en conta que as liñas telefónicas son limitadas e o número de titores e pais que poden coincidir nun momento dificulta a atención a todos ó mesmo tempo. Naqueles casos que sexa necesario acudir ó centro, ten que ser con cita previa co titor. As conversas por teléfono teñen que ser no horario de titoría do titor ou titora de grupo.
Horario de titorías: Aquí podes consultar a hora de titoría para pais e responsables legais do profesorado.Presentacións do titor de grupo: Neste curso vanse facer presentacións presenciais e van ser no salón de actos do centro segundo o calendario no que se indica o grupo, día e hora.