CONCEPTOS BÁSICOS MOBILIZACIÓN
Section outline
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
P |
|---|
Plan de coidadosMétodo sistemático e organizado que define as actuacións que hai que proporcionar a unha persoa fronte calquera problema de saúde real ou potencial. A elaboración do plan de coidados é responsabilidade do persoal de enfermería, que contará coa axuda do persoal técnico e auxiliar. | |
Plano forntal ou coronalPlano vertical que, pasando polo centro do corpo, divídeo nunha parte ventral ou anterior e noutra dorsal ou posterior. | |
Plano saxitalPlano vertical dirixido de diante a atrás que divide ao corpo en 2 metades laterais (esquerda e dereita). Toda estrutura que se aproxime ao plano chámase medial ou interna e a que se separe lateral ou externa. | |
Plano transversalPlano que curta á persoa pola cintura de diante a atrás. Divide o corpo en porción superior ou cranial e inferior ou caudal. | |
Posición anatómicaAquela que ten un suxeito que se atopa ergueito, de pé cos pés xuntos, a cabeza alzada mirando cara ó fronte e os brazos ao longo do tronco coas palmas das mans cara adiante (polgares cara ao exterior). | |
Posición antitrendelembur, tendelembur invertida ou de MorestínPosición en decúbito supino nun plano inclinado coa cabeza máis alta que os pés. | |
Posición de FowlerPaciente en decúbito supino coa cabeceira da cama elevada a 45º, os brazos sobre o abdome ou aos lados encima dunha almofada, e as pernas estendidas en lixeira flexión. | |
Posición de Fowler altaVariación da posición de Fowler cunha elevación do cabeceiro da cama uns 90º. | |
Posición de trendelemburgPaciente en decúbito supino, cos pés da cama elevados, de maneira que quede nun plano inclinado coa cabeza máis baixa que os pés. | |