CONCEPTOS BÁSICOS MOBILIZACIÓN
Section outline
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODOS
A |
|---|
AnatomíaDisciplina científica que se ocupa
do estudo das estruturas do corpo. | |
AutocoidadoConxunto de actividades que
realizan os seres humanos para manter a súa propia vida, a súa saúde e o seu benestar. o que a persoa fai por e para si mesma. | |
AVDActividades da vida diaria | |
Axuda parcialmente compensatoriaO profesional axuda á persoa a
realizar as actividades de autocoidado. | |
Axuda totalmente compensatoriaO profesional presta o coidado
integral e apoia e protexe á persoa. | |
Axudas educativas de apoioO profesional ensina á persoa pautas para alcanzar unha actividade normal, previr a incapacidade e promover o benestar. | |
D |
|---|
Decúbito prono ou ventralPaciente tombado sobre o seu tórax e abdome coa cabeza cara a un lado e as pernas estiradas. Os brazos poden estar estirados ao longo do corpo ou flexionados polos cóbados coas palmas das mans en prono. | |
decúbito supino ou dorsalPaciente deitado sobre as súas costas, membros estendidos en posición cómoda e coas mans en pronación. Lixeira flexión das articulacións. | |
DependenciaEstado de carácter permanente no que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan a atención doutra ou doutras persoas ou axudas importantes para realizar as actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a súa autonomía persoal. | |