Browse the glossary using this index

Special | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | ALL

D

Decúbito lateral

Paciente deitado sobre un lateral, perna inferior estendida e a  superior lixeiramente adiantada e flexionada. O ombreiro inferior  levemente adiantado, para que non se cargue o peso sobre el, e  co brazo estendido ou flexionado. O brazo superior adiantado  e en flexión para que non apoie sobre o tórax.



Decúbito prono ou ventral

Paciente tombado sobre o seu tórax e abdome coa cabeza cara a un  lado e as pernas estiradas. Os brazos poden estar  estirados ao longo do corpo ou flexionados polos cóbados coas  palmas das mans en prono.



decúbito supino ou dorsal

Paciente deitado sobre as súas costas, membros estendidos  en posición cómoda e coas mans en pronación. Lixeira flexión das articulacións.



Dependencia

Estado de carácter permanente no que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan a atención doutra ou doutras persoas ou axudas importantes para realizar as actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a súa autonomía persoal.