A persoa ten diminuídas algunhas das capacidades para levar a cabo as actividades de vida diaria (AVD) pero, se se lle proporcionan as axudas necesarias, poderá efectualas con certa normalidade (Ex. utilización de bastón cando hai certa dificultade para camiñar). Hai que evitar que avance cara a inmobilidade absoluta mediante a prevención.