Lingua e literatura galega 2ºBACH-A e B 25/26
Section outline
-
-
Esta é unha listaxe longa de libros que podedes escoller para a lectura voluntaria. Enviádamos por correo electrónico a:
isabel.nunez.freire@edu.xunta.gal
isabelprofegalego@gmail.com
Non serán aceptados os traballos daquelas persoas que non traballen nin atendan na clase e/ou se dediquen a molestar/falar.
Para a 2ª AVALIACIÓN tendes de data límite para entregalo o 8 de febreiro.
-
-
Aínda que non me dese tempo de facervos o comentario que fixestes o alumnado de 2ºA en clase, déixovos os criterios que se avalían á hora de elaborar un comentario digno.
-
-
Déixovos un documento con información relevante que teredes que utilizar para facer un comentario do texto narrativo.
Isto sérvevos tamén para facer o traballo do libro de lectura (obviamente).
-
-
Déixovos algún texto de autores explicados nesta unidade. Un deles probablemente será o que vos caia no exame, polo que vos recomendo que lle botedes un ollo.
-
Déixovos os exames da PAU e ABAU dos anos anteriores, así como os modelos deste ano. Recoméndovos que practiquedes facéndoos.
Alén diso déixovos tamén a circular informativa sobre como se vai estruturar o exame e a información pertienete que tendes que coñecer ao respecto.
-
Déixovos materia dos temas de literatura relacionados doutra maneira, é dicir, polo período máis que polos xéneros.
A primeira unidade fala da poesía e o teatro das Irmandades da Fala, así como do teatro do Grupo Nós.
A segunda unidade: narrativa e ensaio do Grupo Nós.
A terceira unidade: poesía das vangardas e prosa de Rafael Dieste.
A cuarta unidade: a poesía, o teatro, a narrativa e o ensaio da literatura galega na diáspora.
A quinta unidade: a poesía de posguerra e a promoción de enlace.
A sexta unidade: a Xeración dos 50 ou Xeración das Festas Minervais.
A sétima unidade: a narrativa de posguerra, a NNG e o ensaio de posguerra.
A oitava unidade: o teatro durante a ditadura (a posguerra, a xeración dos 50, o teatro independente e a Mostra de Ribadavia).
A novena unidade: a narrativa e o ensaio a partir de 1975 até a actualidade.
A décima unidade: a poesía a partir de 1975 até a actualidade.
A décimo primeira unidade: o teatro a partir de 1975 até a actualidade.
Todas as unidades contan con textos para comentar.
-
Poesía: Cabanillas, Noriega Varela, López Abente e Vitoriano Taibo.
Teatro: Villar Ponte, Cabanillas, Xaime Quintanilla, Carré Alvarellos, Cotarelo Valledor.
Teatro do Grupo Nós: Risco, Otero Pedrayo e Castelao.
Teatro novocentista: Rafael Dieste
Textos con preguntas que vos sirvan de axuda para estudar e analizar
-
A narrativa e o ensaio dos membros do Grupo Nós, é dicir, Risco, Otero Pedrayo e Castelao.
Hai textos ao final
-
Poesía das vangardas.
Prosa de Rafael Dieste.
Textos para analizar
-
A poesía: Luís Seoane, Lorenzo Varela, Emilio Pita.
Teatro: Blanco Amor, Luís Seoane.
Narrativa: Ramón de Valenzuela, Silvio Santiago, Antón Alonso Ríos.
Ensaio: Castelao, Lois Tobío Fernández
-
Poetas de porguerra como Cunqueiro, Iglesia Alvariño, María Mariño, Luís Pimentel, Carballo Calero, Diaz castro, Álvarez Blázquez ou Celso Emilio Ferreiro.
A promoción de enlace: Luz Pozo e Antón Tovar
-
Poesía da xeración dos 50, tamén coñecida como xeración das Festas Minervais: Méndez, FerrÍn, Uxío Novoneyra...
-
Narrativa de posguerra: Ánxel Fole, Cunqueiro, Blanco Amor, Neira Vilas.
Nova Narrativa Galega: María Xosé Queizán, Carlos Casares, Méndez Ferrín...
Ensaio de posguerra.
-
O teatro da posguerra, Xeración dos 50, Teatro Independente e Mostra de Ribadavia
-
A narrativa e o ensaio desde o 1975 até a actualidade
-
A poesía galega desde 1975 até a actualidade
-
O teatro a partir de 1975 até a actualidade
-