1. Restaurar unha copia de seguridade

1.1. Paso previo: Subir o ficheiro de copia de seguridade e iniciar a restauración

Paso previo: Subir o ficheiro de copia de seguridade e iniciar a restauración

Para poder restaurar un ficheiro de copia de seguridade, este arquivo debe estar subido á aula virtual.

Creamos ou entramos nun curso. Ir a Administración do curso: Restaurar. Está arriba á dereita, na roda dentada.

No formulario que aparece podemos subir un ficheiro. Despois, premer no botón Restaurar.