Copia de seguridade dos cursos
Section outline
Requisitos do completado
Como se fai a copia de seguridade?
CONFIGURACIÓN INICIAL
Hai que configurar a copia de seguridade, segundo que tipos de elementos desexemos incluír. É mellor deixar a configuración por defecto de Moodle:
| IMPORTANTE: Ao activar "Incluír usuarios matriculados" se incluirán na copia de seguridade os datos do perfil do alumnado (nome, apelidos, e-mail) e os datos relativos á súa participación (entradas nos foros, envíos de tarefas ou as cualificacións). Moodle non o activa por defecto para para evitar riscos relativos á custodia deses datos protexidos pola lexislación de protección de datos de caracter persoal e que os datos persoais do alumnado podan acabar sendo dados de alta en aulas doutros institutos nos que non teñen nada que ver. De todas formas, só alguén con permiso de administrador pode restaurar un curso con datos de usuario. Isto quere dicir que, SE QUEREDES RESTAURAR UN CURSO INCLUÍNDO DATOS DO ALUMNADO MATRICULADO, TEREDES QUE CONTACTAR CUN ADMINISTRADOR DA AULA VIRTUAL. |
|---|
Para continuar co proceso, premer no botón "Seguinte" que aparece abaixo de todo: