Copia de seguridade dos cursos
Section outline
Conditions d'achèvement
De que serve facer unha copia de seguridade?
A ferramenta Copia de seguranza permítenos gardar todos os contidos dun curso e as actividades do alumnado. O resultado é un único arquivo comprimido coa extensión mbz.
A copia de seguridade só queda gardada no propio curso durante 15 días. Por iso, hai que descargala ao disco duro, a unha memoria USB, a Google Drive, a Dropbox,... o que se prefira.
A copia de seguridade ten varias utilidades:
- Recuperar o curso (completo ou só unha parte) en caso de pérdida accidental.
- Trasladar cursos a outra aula virtual. Un profesor/a que cambia de centro pode levar consigo unha copia dos seus cursos e restauralos na aula virtual do novo centro.
- Transferir recursos entre cursos distintos, sexan da mesma aula virtual ou doutra.
- Gardar probas, exames, actividades entregadas polo alumnado do curso que remata.