2. Como crear e configurar unha tarefa

2.5. Configuración de entregas

Requirir que os alumnos preman no botón de entrega:

De poñer "Non", os estudantes poden facer cambios nas súas entregas en calquera momento.

Se está en "Si", o alumnado poden ir subindo borradores dos seus envíos ata que estean listos para ser entregados. Premendo no botón “Enviar” indicarán que a tarefa está rematada e lista para ser cualificada. En canto lle dan a enviar, non poderán editar o envío. Se necesitasen cambiar algo, deberán solicitar ao profesor que reverta a entrega ao estado de borrador. Para facelo, ir a "Ver/Cualificar todas las entregas", localizar ao estudante e, na columna de “Editar”, seleccionar "Reverter a entrega a borrador".

De cambiar este axuste de «Non» a «Si» despois de que os alumnos xa teñan feito entregas, estas consideraranse como definitivas.

Requirir que os alumnos acepten a declaración de entrega:

É unha cláusula na que o alumando declara formalmente que a tarefa é só o seu traballo.

Intentos reabertos:

Determina como se reabren os intentos de entrega. As opcións dispoñíbeis son:

  • Nunca - Non se permite o reenvío de tarefas.
  • Manualmente - O profesor decide ao corrixir, se lle permite ao alumno facer unha nova entrega.
  • Automaticamente ata aprobar - A entrega do alumno reábrese automaticamente ata que o alumno acade o nivel para aprobar esta tarefa.
Intentos máximos:

Pódese limitar cantos intentos se lles permite re-enviar aos estudantes.