2. Como crear e configurar unha tarefa

2.1. Configuración xeral e dispoñibilidade

Configuración xeral da tarefa:

Coma sempre, darémoslle un nome e, se queremos, unha descrición. Se é necesario, pódese engadir un arquivo que o alumnado precise para realizar a actividade.

Configuración de dispoñibilidade: 

Permitir entregas de. Se está activado, os alumnos non poderán facer entregas antes desta data. Se está desactivado, os alumnos poderán comezar as entregas de inmediato.

Data límite. As entregas aínda se permitirán despois desta data pero marcarase como atrasada.

Data límite de corte. Non se aceptarán entregas despois desta data sen unha prórroga.

Amosar sempre a decrición. Se NON está activado, a descrición da tarefa só será visíble a partir da data indicada en "Permitir entregas de".