Posibilidades de configuración e deseño do curso
Conditions d'achèvement
Configuración e deseño do curso
O deseño visual do curso: estética e accesibilidade
Algúns consellos:
| Facer un deseño limpo e sinxelo, sen sobrecargas. Menos é máis: é preferible manter un equilibrio visual. As cores e os elementos gráficos deben servir para destacar o importante. |
| Consistencia na estética: usar o mesmo estilo e cores para títulos, seccións e iconos en todo o curso. |
|
Podemos usar as cores para reforzar a estrutura, pero a paleta de cores debe ser harmoniosa e de contraste adecuado: debemos asegurarnos de que o texto teña bo contraste co fondo (sexa ou non unha imaxe), facilitando a lectura mesmo para persoas con dificultades visuais. Código de cores html: https://htmlcolorcodes.com/es/ Accesibilidade de cores contrastadas. https://webaim.org/resources/contrastchecker/?fcolor=FFFFFF&bcolor=000000 |
| Usar etiquetas para dividir as seccións ou para destacar información importante. |
|
|
Os elementos gráficos e multimedia deben enriquecer o contido, pero non distraer. Empregar imaxes e vídeos relevantes que complementen o contido e que sexan claros. Os vídeos deben ser breves (sexamos realistas). Optimización: As imaxes deben ter un tamaño adecuado para que carguen rapidamente sen perder calidade. Infografías: gráficos e esquemas visuais para resumir información complexa de maneira sinxela. Engadir descricións en imaxes e esquemas por motivos de accesibilidade para usuarios con discapacidades visuais. Atribucións de autor. |
|---|
Poderíamos engadir elementos multimedia como infografías e vídeos no recurso Libro dos apuntamentos, ou crear un Libro de información complementaria. Incluso se poderían clasificar en niveis (inicial, medio e avanzado, por exemplo) utilizando restricións de acceso e seguimento de completado.