O formato do curso

Seguimos cos axustes.

Existen distintos formatos dispoñibles e é importante elixir o que máis se axusta aos nosos propósitos:

O formato por defecto é o formato de temas: o curso organízase en seccións ou temas. En cada tema podemos engadir recursos e actividades. Cada sección pódese personalizar cun título e imaxes.


Pero, cando hai moitos contidos en cada sección, os estudantes maréanse. Nestes casos, a min gústame máis os formatos de pestanas ou o de mosaico.

Formato de pestanas (Onetopic format): Facilita a navegación ao dividir os temas en pestanas horizontais. O nome de cada tema debe ser curto. A sección 0 pode estar sempre visible arriba ou aparecer como unha pestana máis (As tab).

Opcións de formato do curso: onetopic format

Exemplos: Informes, Guía de axuda para o profesorado

A principal limitación está no número de seccións e na extensión do seu nome: se son moitas ou con nomes longos non quedará ben.

Formato de mosaico (Tiles): Presenta os temas de maneira compacta e visual, usando iconas ou imaxes como entradas aos contidos. Este formato permite poñer unha gráfica de progreso. É o formato que usei neste curso.

Se queremos poñer unha imaxe como fondo do mosaico, esta ten que ter un tamaño de 1067 px de ancho por 710 px de alto.

Outros formatos menos habituais:

Actividade única: ten unha única sección, e permite engadir soamente unha actividade ao curso.

Formato semana: o curso organízase por semanas, cunha data de inicio e unha data de finalización.