• O obxectivo é mellorar a funcionalidade e apariencia dos nosos cursos na aula virtual, adaptándoos ao o que precise cada un.

    Primeira sesión de docencia: 27 de Marzo de 16:00 h a 19:00 h.

    Mellora da apariencia e o formato do curso:

    • Escolla do nome completo e o nome curto do curso, a súa descrición (resumo e imaxe), sección de información, engadir bloques,...
    • Escolla do formato do curso.
    • Formato e xestión das seccións: nome, subseccións, imaxes,...
    • Utilización de etiquetas.
    Xestión avanzada de recursos e actividades:
    • Recursos carpetas, páxinas e libros. Importación sinxela desde arquivos de texto.
    • Inxerir imaxes e vídeos: edición sinxela e atribución.
    • Creación de actividades: H5P, cuestionarios e exames.
    • Xestión dos bancos de preguntas. Como recalificar cuestionarios.

    Segunda sesión: 3 de Abril de 16:00 h a 19:00 h

    Mellora do proceso de avaliación e autoavaliación: 

    • Optimización do libro de cualificacións do alumnado: importación e exportación das cualificacións, crear elementos e categorías, cálculo de medias e ponderacións, introdución de fórmulas,...
    • Seguimento de completado, informes de seguimento da actividade do alumnado, barras de progreso, ...