PUNTO 6. A prevención de riscos e a seguridade social. (RA3-CA; 4,5,6,7,8 e 9).
Section outline
-
-
Apertura: viernes, 21 de noviembre de 2025, 00:00Cierre: martes, 5 de mayo de 2026, 23:59
-
Ola, para o punto 6 de Prevención debedes consultar os apuntes que vos estou subindo e clasificar a prevención da seguinte maneira.
6.1 Prevención de riscos na empresa.
6.1.1 Organización da prevención na empresa.
Consultar a organización da prevención na empresa e decir que o vai facer o empresario persoalmente (a empresa non supera os 10 traballadores, ten formación básica e está habitualmente no centro de traballo) pero subcontratando o que el non poida (controis de saúde, avaliación de riscos, plan, etc....) cunha MUTUA ou servizo de prenvención axeno (buscar unha e nomeala estaría ben). Tamén Resumir e nomear as obrigas do empresario.
6.1.2 O plan de prevención.
Recoller que esta é unha imposición da ley para integrar a prevención na empresa, será elaborado por unha MUTUA. Debe conter unha AVALIACIÓN DE RISCOS e unha PLANIFICACIÓN DA ACCIÓN PREVENTIVA como ferramentas fundamentais. A avaliación de riscos debe concluir con proposta de medidas e estas medidas propostas son as que se deben planificar indicando a data na que deben estar feitas, o seu presuposto, o responsabel de levalo a cabo e a prioridade.
6.1.3 Avaliación de Riscos.
Os resultado clasificalos por orden ó grupo de factores de risco. ESTA XA A TENDES ESCRITA SON OS RISCOS QUE HAI NA PERRUQUERÍA pero debedes clasificalos por FACTORES hai unha taboa moi boa resumindoo nos apuntes.
6.1.4 Planificación da acción preventiva.
Neste apartado con indicar as principais medidas e por orden de aplicación 1º PREVENCION, 2º PROTECCIÓN COLECTIVA e por último PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPIS).
6.2 Seguridade Social.
Neste punto con indicar os tramites que se deben facer na seguridade social e suficiente; Inscribir a empresa, afiliar traballadores, dar de alta traballadores, modificar datos e dalos de baixa, e tamen levar a cabo o pagamento das cantidade mensuais (a mes vencido) das cotizacións a través da Relación nominal de traballadores e da Relación de liquidación de cotizacións.
-