Section outline

    • Participar activamente no Entroido que se fai na contorna do Lamas de Abade no que se visitan os 4 centros educativos na zona, sendo o noso centro visitado sobre as 12.30.

      Día: VENRES 21 febreiro
      Horario: de 12.20 a 14.25 (as 3 últimas )

      Traxe: secundaremos o escollido para este ano que é o ENTROIDO DE MORMENTELOS, envíase titorial, basicamente roupa branca con cintas de cores colgadas formando unha capa e pucho con penacho de cores brillantes.

      Quen: todos cursos da ESO, Bach e Ciclos FP (os segundos opcional, segundo a marcha académica do grupo).
      - O profesorado que teña clase a esas horas estará pendente de levar o grupo na 4a h a onde se lle asigne, quen teña a 5a e 6a h tamén estarán onde o seu alumnado.

      Onde: Algún grupo recibirá as comparsas do Entroido no portalón do instituto. Os demais grupos estarán no patio ordenados en círculo, por cursos segundo se indique con carteis (se non chove e deixando o centro para a intervención dos “Xenerais da Ulla”).

      Detallaremos nun cartel na sala de profes e no vestíbulo os lugares asignados a cada curso.

      2. Para a semana do 24 ao 28 poñerase unha suxestión de mandatos para cada día nas aulas e/ou nos corredores do centro.

      1