Cualificación mínima para obter a certificación

Cualificación mínima para obter a certificación

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Ola a todas e a todos,

Gustaríame informarvos que a nota mínima para obter a certificación deste curso é ter completado de forma correcta o 80% das tarefas. Podedes ver un resumo do voso estado actual en canto a número de tarefas resoltas correctamente na páxina de cualificacións. Podedes consultar esta páxina na barra lateral esquerda.

Aproveito para lembrarvos que só queda unha semana para rematar o curso pois terminará o próximo venres 23 de outubro.

Hai un par de tarefas moi sinxelas ao final que non debedes esquecer facer pois tamén contan para a nota.

Sen máis desexarvos unha boa fin de semana.

Marcos.