Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. CURSO-TIC-BASICO
  3. VIDEOCONFERENCIAS (WEBEX)
  4. TAREFA 10. Conexión a unha sala de videoconferencia WEBEX

TAREFA 10. Conexión a unha sala de videoconferencia WEBEX

Requisitos do completado
Ver
Facer unha entrega
Recibir unha cualificación
Abertas: luns, 4 de maio de 2020, 12:00 AM

Despois de ler as guías da aula virtual sobre o manexo da ferramenta de videoconferencia e consultado as posibles dúbidas no Foro de dúbidas, pasaremos a realizar unha práctica cun compañeiro ou compañeira do curso.

1) Primeiramente seleccionaremos unha parella empregando a actividade Escolla de parella para a Tarefa 10 (Videoconferencia a través de Cisco Webex) situada sobre esta tarefa.

2) Unha vez seleccionado a parella poñerémonos en contacto coa ela, ben a través do foro creado a tal propósito ou empregando a mensaxería da aula virtual. Poñerémonos dacordo da hora na que realizar a videoconferencia e compartiremos os datos para unirnos a dita videoconferencia. Para configurar a reunión podemos seguir os pasos da guía Crear unha reunión EN WEBEX.

3) Cada membro da parella conectarase a hora acordada á videoconferencia do compañeiro/a e porá en práctica as utilidades básicas da plataforma:

  1. Habilitar e deshabilitar o son propio.
  2. Habilitar e deshabilitar o son do alumnado (neste caso do compañeiro/a).
  3. Enviar unha mensaxe a través do chat.
  4. Compartir contido.
4) Neste último caso teremos que realizar as capturas de pantalla de son e imaxen habilitados / deshabilitados, un contido compartido, a lista de participantes, e dunha conversa no chat.


INSTRUCCIÓNS PARA CREAR O ARQUIVO DA TAREFA E ENVIALO:

Seguindo os titoriais de "Como facer unha captura de pantalla" e de "Como crear un pdf", procedemos a:

  1. Realizar unha captura de pantalla onde se poda ver claramente as tarefas solicitadas
  2. Crear un arquivo PDF coa imaxe (ou imaxes). 
  3. Gardar o arquivo na nosa computadora co nome da tarefa específica e o nome e apelido do alumno (EXEMPLO: TAREFAModificarperfil_nomeapelidos.pdf)
  4. Subir o arquivo á plataforma Moodle
De terdes algún problema a hora de realizar a videconferencia co compañeiro ou a hora de atopar compañeiro, poñedevos en contacto co titor / relator do curso e buscaremos solucións personalizadas.
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle