2020/21 Debuxo Artístico 1º BACH
Section outline
-
-
Este traballo, que comeza na 1ª avaliación consiste en:
1ºFacer un debuxo do natural dun entorno arquitectínico.
Os debuxos do instituto, se estades na casa, podedes facer un debuxo dunha habitación.
Tedes que seguir as directrices do "Debuxo do natural" que podes atopar nesta aula virtual.
2º Mira obras de distintos artistas e como empregan a luz e o color e elabora o mesmo espazo partindo SÓ da cor. (Mirar tema de técnicas e estilos desta aula virtual)
Para isto baséate nos coñecementos que adquiriches co debuxo do natural pero agora emprega só a cor, sen lapis previo.
Elabora varios bocetos cambiando cores, texturas... entrega TODOS os bocetos.
Podes entregar na aula e o podes facer nesta tarefa nun arquivo jpeg ou pdf.
A entrega remata a 31 de xaneiro de 2022
-
1º Le os pasos para o debuxo do natural.
2ªNa clase terás que realizar un debuxo do interior do centro. Se te atopas na casa, podes debuxar un espazo interior dunha estancia, a túa elección. O resto do traballo será igual que o de centro.
3ºDebúxao seguindo os pasos que aparecen no arquivo de debuxo do natural.
4ºLogo de Nadal faremos unha versión a cores deste traballo. Debes buscar un estilo de debuxo e composición que te guste, para que vexas distintos estilos puxen o tema "técnicas e estilos" onde poderás ver distintas propostas de diferentes artistas.
Antes de facer o traballo de xaneiro, recoméndoche experimentar con acuarelas, lapis de cores, bolis, témperas... e logo decidir.
-
Imos traballar dous puntos ben importantes neste tema, o coñecemento dunha técnica nova como é o Kirie, e o debuxo mediante a valoración do claroescuro.
1º Tes que ver os vídeos que aparecen no tema, podes indagar máis sobre o Kirie e o recorte como técnica artística.
-
Imos traballar nesta técnica “kirie”, unha técnica tradicional xaponesa, que debuxa cos ocos que deixamos no papel ao recortar.
A tarefa consiste en:
Ver os vídeos do tema kirie para entender en que consiste a técnica.
Deseñar unha composición e decidir que partes van ser cortadas.
Coller un papel de cores e recortar a composición.
Entregala na clase, ou se non fora posible, na aula virtual.
-

O círculo cromático, mestura aditiva (luz) e substrativa (pigmento)
-
Con esta ferramenta poderás escoller gamas e harmonías para saber cales son as cores que máis contrastan, afíns, etc.
Pode ser moi evidente cando empregamos só dúas cores nun traballo, o contrario do violeta é o amarelo... pero se queremos empregar 4 cores contrastadas?
Botádelle un ollo!!
-
Neste tema imos traballar e experimentar con distintas formas de representación. Para iso colleremos láminas ou papeis de calquera tipo e os dividiremos en 6 partes, como no exemplo proposto e representaremos un mesmo obxecto de formas diferentes.
A finalidade deste traballo é experimentar con distintas técnicas e atopar novas linguaxes plásticas.
Atrévete a probar.
Poderás entregar todas as técnicas que queiras.
-
Esta é a definición da “Tate” un museo de Londres, está en inglés, pero podes traducila online.
-
Frida é unha das figuras máis icónicas do século XX, pero non podes entender quen foi sen entender a súa obra.
-
Nesta web podedes escoitar a voz da pintora
-
Vídeo de Maruja Mallo
-
Neoimpresionismo
-
En este vídeo non hai texto só cadros de Monet acompañados de música.
-
-
Hoxe, recolle todo que marchamos de excursión!!!
Imos aos mellores museos do mundo...Virtualmente!!!
-
Maio
CHEGOU A SEMANA DAS LETRAS!!!
Esta semana imos ir de museos, pero sen maleta, e á cidade que prefiras, Roma, Amsterdam, Nova York... Visitas virtuais para alumnado curioso.
Se atopas un museo que che guste, por favor escríbeo no foro!!
Tes enlaces ás visitas virtuais nos recursos deste mesmo tema.
4 de maio, día non lectivo do centro, non hai clase. Tes que ter entregado o teu cadrado para o cartaz das letras galegas!!!!
5 de maio ver Vincent Van Gogh e a importancia do sentimento na súa obra
https://www.wikiart.org/es/vincent-van-gogh/
W. Kandinski e a arte abstracta
Escribe no foro se atopaches até agora algún estilo ou artista que te chame a atención e explícanos ao resto da clase por que.
7 de maio
Picasso
https://www.wikiart.org/es/pablo-picasso
Picasso é, seguramente, o artista máis coñecido e recoñecido do mundo, durante a súa vida pasou por moitas etapas, realismo, a rosa, a azul, cubismo, surrealismo... tes que atopar as distintas etapas de Picasso e ver diferentes cadros.
Por que un autor varía tanto de técnicas, formatos, cores? Pensa na resposta e escríbea no foro,
-
Este é un traballo dos mellores que hai sobre a cor e a súa percepción.
Deixovolo por se vos interesa, o vídeo é moi antigo, lento, raro, dos anos 90, pero a teoría é tremenda. Anímovos para que o vexades!!!!
-
Eiquí tedes resumido, o tema da cor, queda por se o precisades.
-
En esta páxina tes a visita virtual á exposición “As miradas de Isaac”, tamén podes visualizar o vídeo.
-