
O módulo de Sustentabilidade aplicada ao sector produtivo terá como finalidade o desenvolvemento de coñecementos e competencias básicas en economía verde, sustentabilidade e impacto ambiental da actividade, así como as condicións en que as exixencias da transición ecolóxica modifican os procesos produtivos do sector no que desenrolemos a nosa actividade laboral e/ou empresarial.
A sustentabilidade, entendida como a capacidade de satisfacer as nosas necesidades presentes sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para satisfaceren as súas, converteuse nunha prioridade global.
A introdución do módulo de Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo no primeiro curso dos ciclos permite que o alumnado traballe a sustentabilidade de xeito transversal con outros módulos: a xestión eficiente dos recursos naturais, a redución de residuos e emisións, a adopción de prácticas laborais e empresariais que minimicen o impacto ambiental, a promoción da economía circular, o desenvolvemento da innovación e da tecnoloxía verde, xunto á responsabilidade social corporativa das empresas.
- Profesor/a: Ana Belén Amarelle