BENVIDA AO CURSO 25-26

BENVIDA AO CURSO 25-26

por Mª Isabel Fernández Estévez -
Número de respostas: 0

Benvidas e benvidos a Lingua e literatura castelá – 1º de Bacharelato

Este espazo será o noso punto de encontro virtual ao longo do curso. Aquí poderemos compartir dúbidas, recursos, ideas e impresións sobre as lecturas e actividades que vaian xurdindo.

O meu desexo é que este foro sirva para manter unha comunicación fluída e respectuosa, onde todas e todos teñamos voz. Anímovos a participar activamente e a aproveitar esta ferramenta para aprender uns dos outros.

Comezamos unha nova etapa: espero que sexa un curso enriquecedor, motivador e cheo de boas experiencias.

Benvidos/as e moito ánimo!