Bo día.
A pesar de que esteades en cuarentena temos a obriga de seguir coas clases. Polo tanto, sempre que teñamos clase vou colgar unha actividade a realizar durante a miña hora de clase. As atoparedes no tema do IMPERIALISMO, baixo o título “Actividades en cuarentena” (ben grande en vermello, para non perderse).
Durante a hora de clase vou estar operativa por se tedes dúbidas. Podedes mandarme unha mensaxe pola Aula Virtual ou conectaros pola clase online Falemos. O enlace está ao principio da Aula Virtual: https://falemos.edu.xunta.gal/ClaseAndreaHistoria
Hoxe, martes 18, xa tedes colgada unha ficha de exercicios sobre o Imperialismo. Os apuntamentos tamén están colgados. Espero as vosas entregas.