Exame do venres 12 de Febreiro

Exame do venres 12 de Febreiro

por María Esther Pena Estévez -
Número de respostas: 0

Bo día a todxs:

Ao final o brazo dá máis lata da esperada e tiven que coller unha baixa. Non volto ata o mércores polo que non imos ter clase ata o día do exame. 

Se o queredes cambiar, cambiámolo. Eu non volo aconsello porque despois xúntasevos con outros, pero tamén comprendo se decidides non facelo.

Tedes na aula as audicións das formas musicais e un vídeo que fala das tonalidades. Tamén vos mando unha tarefa para que vaiades repasando. Lembrade que neste exame non entran os compases. Entran as formas musicais (tema e variacións, rondó e minuetto) e as tonalidades, nas que vos porei un exercicio similar ao que aparece na tarefa.

Utilizade o foro de dúbidas se queredes preguntas calquera cousa, ou se non funciona, (que está sen estrear) o correo elctrónico.

Un saúdo e boa fin de semana:

Esther