Ola rapac@s:
Vedes que estou colgando as audicións que van entrar no próximo tema. Póñovos as características do video, como quen dirixe a orquestra e cousas así, pero iso non hai que sabelo, é ampliación simplemente. Colgarei tamén un resumo da teoría. Lembrade que temos comezado o traballo sobre Beethoven, ídeo facendo e cando rematedes envialo ao correo de sempre e vou corrixindo. Se preferides, tamén me podedes enviar partes e vouvos dicindo como vai, que falta, que sobra... E calquera dúbida ou ben neste foro ou por correo.
Saúdos e moitos ánimos.