Galería do IES Frei Martín Sarmiento

Galería de imaxes


Inicio Entrar
Álbums Últimas subidas Últimos comentarios O máis visto O mellor puntuado Os meus favoritos Buscar
Inicio > Curso 2025/26

Excursión Penaventura


WhatsApp_Image_2026-05-10_at_17_08_57_28629.jpeg

Entre o 27 e o 30 de abril 30 estudantes de 4º de ESO realizaron unha excursión de fin de etapa a Portugal para practicar actividades lúdicas e deportivas no Parque Penaventura, situado nun fermoso paraxe natural. O último día tiveron ocasión de facer unha visita guiada á marabillosa cidade de Oporto. Grazas aos profesores Rosana e Anxo por acompañar ao grupo nesta viaxe.

16 ficheiros, último engadido a maio 11, 2026
Álbum visto 4 veces

Graduación 2º Bach


DSC_6490.jpg

O pasado xoves 14 de maio, profesorado, familias e amizades reuníronse en Finca Batacos coas alumnas e os alumnos do noso centro para celebrar que finalizan os seus estudos de Bacharelato.
Foi un acto cheo de ilusión, recoñecemento mutuo e agradecementos, pero sobre todo, de todos aqueles ingredientes que conseguiron quecer unha tarde fría: humor, talento musical e boa poesía.

7 ficheiros, último engadido a maio 18, 2026
Álbum visto 3 veces

Memoria de elefanta


WhatsApp_Image_2026-05-20_at_12_03_43.jpeg

Ao longo deste terceiro trimestre desenvolvéronse no noso centro diferentes actividades do Programa "Memoria de elefanta", unha proposta do concello de Pontevedra que busca achegar á mocidade ao pasado histórico. Nesta edición o programa pretendeu respostar á pregunta "Por que con Franco NON se vivía mellor?". O programa, dirixido aos estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, incluíu un roteiro pola cidade, un cinefórum coa proxección de "A lingua das bolboretas" e un faladoiro con Prado Rúa.

9 ficheiros, último engadido a maio 21, 2026
Álbum visto 0 veces

Bosque Atlántico


WhatsApp_Image_2026-06-01_at_18_14_18.jpeg

Programa Bosque Atlántico. Este luns o alumnado de 1º da ESO realizou unha magnífica andaina guiada por Marcos Guiadanes no Campus As Lagoas (Marcosende). Durante o percorrido puideron identificar in situ diversas especies autóctonas galegas e comprender mellor os beneficios do bosque autóctono fronte ás plantacións de especies alóctonas, como o piñeiro ou o eucalipto, que ademais de empobrecer os solos tamén incrementan o risco de incendios. Grazas Marcos por esta xornada tan didáctica e amena!

10 ficheiros, último engadido a xuño 03, 2026
Álbum visto 1 veces

Morgana en Esmelle


WhatsApp_Image_2026-06-02_at_16_39_25_28129.jpeg

O mércores pasado dedicamos o noso café coloquio a novela "Morgana en Esmelle" da recentemente homenaxeada nas Letras galegas Begoña Caamaño. Foi unha tarde moi especial porque contamos con Antón Blanco, compañeiro e poeta, que veu como convidado a comentar a obra contextualizándoa dentro da importancia que a materia de Bretaña ten no marco da literatura galega. Pondal, Cabanillas, Risco, Cunqueiro, Xohán Cabana foron algunhas das puntadas literarias que deu Antón para rematar coa lembranza dos versos de Xohana Torres: "Existe a maxia e pode ser de todos /a que tanto novelo e tanta historia?/ EU TAMÉN NAVEGAR." Así que, para continuar a tecer os fíos de Begoña, decidimos que a próxima lectura do club sexa "Punto de araña" de Nerea Pallares.

6 ficheiros, último engadido a xuño 03, 2026
Álbum visto 1 veces

Nutriescolas 2ESO


WhatsApp_Image_2026-06-02_at_16_44_21.jpeg

O venres 29 de maio o alumnado de 2º ESO A puxo en práctica as receitas que escribiron en inglés e galego para o proxecto Nutriescolas facendo unha merendola coa súa profe Yolanda. Delicious!

4 ficheiros, último engadido a xuño 03, 2026
Álbum visto 0 veces

Fotografía filosófica


WhatsApp_Image_2026-06-08_at_13_13_04.jpeg

Esta semana tivo lugar a entrega dos premios do I Concurso de Fotografía Filosófica organizado polo Departamento de Filosofía. A temática do Concurso foi a "Tolemia". Parabéns aos gañadores.

6 ficheiros, último engadido a xuño 08, 2026
Álbum visto 1 veces

BRIDGES BEYOND BORDERS – PROJECT COMPLETED


ERASMUS_DAYS.jpg

What an incredible journey it has been!

Over the past months, students and teachers from different countries have worked together, shared cultures, exchanged ideas, and built friendships that go far beyond geographical borders.

Through collaboration, creativity, and teamwork, our students have developed important skills while discovering the value of diversity, respect, and active citizenship.

We are so proud of everything they have achieved and grateful to all our partner schools, teachers, students, and families who made this project possible.

Although the project is ending, the memories, friendships, and lessons learned will stay with us for a long time.

Together, we proved that learning connects people and that bridges built through cooperation can cross any border.

Thank you for being part of this amazing adventure!

6 ficheiros, último engadido a xuño 11, 2026
Álbum visto 0 veces

Xincana Localízate


WhatsApp_Image_2026-06-11_at_12_47_27.jpeg

O pasado martes, 26 de maio, o alumnado de 4º ESO e de FP Básica de Peiteado participou na Xincana Localízate, unha actividade organizada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración co obxectivo de achegar ao alumnado á realidade do comercio local.
Durante os últimos meses, os participantes estiveron analizando diferentes establecementos da súa contorna e traballando no deseño dun modelo de negocio viable. O proxecto propoñía a creación e definición dunha idea que puidese ser implementada nun comercio local, contribuíndo a conectar estes negocios cun público mozo de entre 18 e 30 anos.
Entre todos os proxectos presentados, aqueles que destacaron pola súa viabilidade foron convidados a participar nesta xincana pola cidade de Pontevedra, na que o alumnado puido seguir descubrindo o valor do comercio de proximidade dunha forma dinámica e participativa.
Aínda que o premio final foi para un dos equipos participantes, queremos felicitar a todo o alumnado polo esforzo, a implicación e o traballo desenvolvido ao longo de todo o proxecto. Parabéns a todas e todos!

13 ficheiros, último engadido a xuño 11, 2026
Álbum visto 0 veces

Intercambio Suecia


WhatsApp_Image_2026-06-11_at_16_32_47.jpeg

Entre os días 4 e 10 de xuño tivemos o pracer de recibir no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra a un grupo de estudantes e profesores do Vimmerby Gymnasium, de Suecia, dentro do programa de intercambio escolar que ambos os centros desenvolven para fomentar o coñecemento doutras culturas, a práctica de linguas estranxeiras e a convivencia entre a mocidade europea.
O grupo sueco estaba formado por 17 alumnos e alumnas e dous profesores, que durante unha semana compartiron múltiples actividades co alumnado do noso instituto. Ademais de asistir a varias clases e coñecer de primeira man o funcionamento do sistema educativo galego, os visitantes participaron na vida diaria do centro e estableceron novos lazos de amizade cos seus compañeiros e compañeiras de Pontevedra.
Ao longo da súa estadía, o grupo tivo ocasión de descubrir algúns dos lugares máis emblemáticos de Galicia. Visitaron as cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela, onde puideron coñecer o seu rico patrimonio histórico e cultural. Tamén gozaron dunha xornada nas Illas Cíes, un dos espazos naturais máis destacados da nosa comunidade.
Entre as actividades máis apreciadas destacou un curso de iniciación ao surf na praia da Lanzada, que permitiu aos estudantes achegarse ao noso litoral dun xeito activo e divertido. A convivencia coas familias de acollida foi outro dos aspectos máis enriquecedores da experiencia, xa que lles brindou a oportunidade de coñecer de preto os costumes, a gastronomía e o modo de vida galegos.
Esta visita supuxo unha experiencia moi positiva tanto para o alumnado sueco como para o noso, favorecendo o intercambio cultural, o respecto pola diversidade e o desenvolvemento de competencias persoais e lingüísticas. Desde o IES Frei Martín Sarmiento queremos agradecer a colaboración de todas as familias e persoas implicadas na organización desta actividade, que contribuíu ao éxito dunha semana inesquecible para todos os participantes.

12 ficheiros, último engadido a xuño 12, 2026
Álbum visto 0 veces

Graduación Ciclos


WhatsApp_Image_2026-06-16_at_12_06_20.jpeg

GRADUACIÓNS DE CICLOS 2026
O venres 12 de xuño celebramos a graduación dos ciclos formativos no Salón de actos do instituto. En compañía de familia, amizades e profesores, os e as estudantes de Peiteado, Estética medio e superior, Instalacións eléctricas, Laboratorio e Coidados auxiliares de enfermaría foron os protagonistas desta tarde tan especial. Noraboa a todos e todas!

15 ficheiros, último engadido a xuño 16, 2026
Álbum visto 0 veces

I Gala dos Premios Garavata


Foto_de_portada.jpg

O xoves 11 de xuño tivo lugar no noso centro a "I Gala dos Premios Garavata", na que foron proxectadas as películas do alumnado da materia Cultura Audiovisual (1º de Bacharelato de Artes, Humanidades e Ciencias) baixo o selo da nosa produtora "Garavata Films".

Foron tres horas do mellor cine, acompañado de sensacionais actuacións musicais en directo, seguidas da entrega dos Premios ás diferentes categorías e ao esforzo realizado durante o curso escolar.

A gala foi divertida e emotiva, presentada por Beatriz García e Adriana Romano, estando Pablo Vidal e Óscar Pereira aos mandos técnicos.

Houbo unha grande implicación do alumnado e profesorado no desenvolvemento desta Gala e dos seus preparativos, aos que queremos manifestar o noso recoñecemento.

Tamén queremos agradecer as fantásticas fotos de Diego Fragoso.

Agardamos que esta sexa a primeira de moitas galas nas que poidamos amosar o talento do noso estudantado, que é inmenso.

12 ficheiros, último engadido a xuño 22, 2026
Álbum visto 0 veces

36 álbums en 3 páxina(s) 3