|
|
|
|
|
|
Manifesto 8M
|

|


|
|
LECTURA DO MANIFESTO DO 8 M NO PLENO DO CONCELLO
O luns 23 de marzo as nosas alumnas de 1º Bacharelato C, Sara Asdih Ouerdi e Jialan Liu leron o manifesto do 8M. Nel fan referencia, ademais do recordo das mulleres que levan traballando décadas na busca da igualdade, a necesidade de que esta igualdade sexa real, non só sobre o papel, e que, pese a quen pese, “non se vai dar un paso atrás”, pois esa igualdade “tamén é boa para os nosos compañeiros varóns”, porque “somos imprescindibeis e, sobre todo, non somos invisibles” (…), “cada marzo, cada abril, cada día. Sen dar un paso atrás”.
8 ficheiros, último engadido a marzo 28, 2026 Álbum visto 2 veces
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Visitamos Radio Pontevedra
|

|


|
|
O alumnado de 1º da ESO viviu unha experiencia única achegándose ao mundo da radio profesional na emisora Radio Pontevedra Cadena SER.
Durante a visita, coñeceron os espazos de gravación e edición, descubriron como se constrúe un programa desde dentro e aprenderon claves fundamentais para comunicarse mellor: uso da voz, postura corporal e técnicas de respiración.
Pero o mellor estaba por chegar: participaron en directo nun programa de radio, sentindo os nervios e a emoción de falar nunha emisora real.
Ademais, tiveron a oportunidade de falar sobre o coidado dos animais domésticos con Guillermo Campos, veterinario de Poio quen respondeu ás súas preguntas e achegou recomendacións moi útiles.
Pero tamén houbo momento para a memoria: facía xusto un ano do apagón, e o alumnado recordou ese día, compartindo en directo as súas reflexións e vivencias.
Esta actividade enmárcase dentro da nosa participación na II Edición dos Premios José Hermida que aposta pola radio como ferramenta de aprendizaxe.
Moitísimas grazas a todo o equipo de Radio Pontevedra pola cariñosa acollida. Así da gusto aprender!
@premiosjosehermidaradio #FMSRadio #RadioEscolar #IesFreiMartinSarmiento #PremiosJoseHermida
10 ficheiros, último engadido a maio 05, 2026 Álbum visto 1 veces
|
|
|
|
|
| 36 álbums en 3 páxina(s) |
2 |
|