O pasado martes, 26 de maio, o alumnado de 4º ESO e de FP Básica de Peiteado participou na Xincana Localízate, unha actividade organizada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración co obxectivo de achegar ao alumnado á realidade do comercio local.
Durante os últimos meses, os participantes estiveron analizando diferentes establecementos da súa contorna e traballando no deseño dun modelo de negocio viable. O proxecto propoñía a creación e definición dunha idea que puidese ser implementada nun comercio local, contribuíndo a conectar estes negocios cun público mozo de entre 18 e 30 anos.
Entre todos os proxectos presentados, aqueles que destacaron pola súa viabilidade foron convidados a participar nesta xincana pola cidade de Pontevedra, na que o alumnado puido seguir descubrindo o valor do comercio de proximidade dunha forma dinámica e participativa.
Aínda que o premio final foi para un dos equipos participantes, queremos felicitar a todo o alumnado polo esforzo, a implicación e o traballo desenvolvido ao longo de todo o proxecto.
Parabéns a todas e todos!
Clic na imaxe para acceder ao álbum

