PROXECTO EN CURSO: DRÓN SULFATADORA
Section outline
-
Partindo da realidade do noso territorio, decidimos poñer en marcha un proxecto de maior escala: crear un drón sulfatadora adaptado aos viñedos da Ribeira Sacra.
-
Elaboramos croquis e primeiros prototipos.
-
Investigamos sistemas de pulverización, autonomía de voo e distribución de peso.
-
Detectamos que unha das maiores dificultades nos voos é o momento da aterraxe, polo que deseñamos unhas “zapatillas” amortiguadoras, que imprimimos en 3D para evitar danos nos rotores.
Este proxecto continúa aberto, coa intención de darlle continuidade o próximo curso. Nel conflúen coñecementos de enxeñaría, tecnoloxía agrícola, deseño industrial, programación e mecánica de voo.
-
















