Section outline

  • Iniciación ao Voo de Drons para a ESO

    O presente proxecto educativo do Club de Ciencia 2024/2025 ten como obxectivo introducir ao alumnado no mundo do voo de drons, unha tecnoloxía que está a cobrar cada vez máis relevancia en diversos campos, desde a enxeñaría ata a cartografía, pasando pola agricultura e o entretemento. Este proxecto non só se centrará no manexo e control dos drons, senón tamén na integración de coñecementos de tecnoloxía e matemáticas, mediante a montaxe e desmontaxe de diferentes compoñentes.


    Xustificación e Obxectivos

    O uso de drons como ferramenta pedagóxica permite unha aproximación práctica e interactiva ao ensino, que resulta altamente motivadora para o alumnado. A tecnoloxía dos drons ofrece un contexto real e aplicable para a aprendizaxe de conceptos abstractos de tecnoloxía e matemáticas, como poden ser a física do voo, o cálculo de traxectorias ou a programación de sistemas autónomos.


    Os obxectivos principais deste proxecto son:

    Desenvolver competencias tecnolóxicas e científicas: Introducir ao alumnado nas bases do manexo de drons, comprendendo o seu funcionamento e a importancia da seguridade no seu uso.


    Fomentar a aprendizaxe activa e o pensamento crítico: Mediante a montaxe e desmontaxe dos drons, os estudantes aplicarán coñecementos teóricos de tecnoloxía e matemáticas, á vez que desenvolven habilidades de resolución de problemas.


    Promover a creatividade e a innovación: Incentivar aos estudantes a explorar novas aplicacións dos drons en diferentes áreas, desenvolvendo proxectos que integren estes dispositivos con outras tecnoloxías e disciplinas.


    Favorecer o traballo en equipo e a comunicación: Realizar actividades colaborativas que melloren as habilidades sociais do alumnado e promovan un ambiente de aprendizaxe cooperativo.


    Propostas de Traballo e Actividades

    No marco do Club de Ciencia 2024/25, propoñeranse unha serie de actividades estruturadas en diferentes fases, que permitirán ao alumnado avanzar progresivamente na súa aprendizaxe sobre o voo de drons e a tecnoloxía subxacente:


    Sesións Teóricas e de Introdución: Unha primeira fase onde se ofrecerá ao alumnado unha base sólida sobre a historia, evolución e aplicacións dos drons, así como unha introdución ás normativas e á seguridade no seu uso.


    Obradoiros Prácticos de Montaxe e Desmontaxe: Talleres onde os estudantes poderán montar un dron desde cero, comprendendo a función de cada compoñente e a súa interrelación. Ademais, realizarán tarefas de desmontaxe e diagnóstico de posibles avarías, reforzando así a súa comprensión dos aspectos técnicos.


    Prácticas de Voo Controlado: Actividades de voo onde o alumnado aprenderá a manexar os drons de forma segura, desenvolvendo habilidades de pilotaxe e aprendendo a realizar manobras en condicións específicas, como a presenza de obstáculos ou vento.


    Introdución á Programación de Drons: Unha fase avanzada onde o alumnado aprenderá a programar rutas autónomas para os drons, utilizando software específico e simuladores de voo para practicar antes de pasar ás probas en tempo real.


    Conclusión

    Este proxecto educativo non só permitirá ao alumnado adquirir competencias clave en tecnoloxía e matemáticas, senón que tamén os motivará a explorar novas áreas do coñecemento, fomentando a súa curiosidade e creatividade. A través dunha aprendizaxe práctica e interdisciplinaria, o alumnado desenvolverá habilidades que serán valiosas tanto no seu desenvolvemento académico como na súa futura vida profesional.

  • No IES Daviña Rey, ao longo do curso 2024/2025, desenvolvemos o proxecto “Iniciación ao voo de dróns na ESO”, dentro do Club de Ciencias. Esta iniciativa nace coa intención de promover unha aprendizaxe significativa e funcional, integrando coñecementos procedentes de diversas áreas: matemáticas, física, tecnoloxía, informática, ciencias naturais e mesmo ética e valores.

    O proxecto xorde da necesidade de motivar ao alumnado cun enfoque práctico e próximo á realidade. A tecnoloxía dos dróns preséntase como unha oportunidade perfecta para aplicar contidos curriculares en situacións reais, ao tempo que fomenta competencias clave como o traballo en equipo, a creatividade, a resolución de problemas e o pensamento crítico.


  • As sesións do club realízanse, principalmente, os mércores de 15:15 a 16:00 h. Esta elección responde a motivos organizativos, xa que a maior parte do alumnado permanece ese día no comedor escolar. Os restantes días, a coincidencia co transporte escolar dificulta a súa participación.

  • Comezamos cunha fase de exploración e contextualización:

    • Investigamos que é un drón, as súas características principais, tipos e aplicacións.

    • Analizamos o seu uso en distintos sectores: agricultura, emerxencias, medio ambiente, transporte, audiovisuais...

    • Reflexionamos sobre os beneficios e riscos da súa utilización, fomentando unha visión crítica e ética.

    Neste bloque combinamos habilidades de investigación, lectura comprensiva e exposición oral. Ademais, conectamos os contidos coas necesidades e oportunidades do noso entorno, especialmente tendo en conta que estamos situados na capital da Ribeira Sacra.


    • IMG_20241120_152033.jpg
    • IMG_20241120_152047.jpg
    • IMG_20241120_153620.jpg
    • IMG_20241120_153640.jpg
  • Realizamos sesións prácticas nas que:

    • Pilotamos diferentes modelos de dróns (autoequilibrados e manuais).

    • Identificamos as súas partes principais e comprendemos o funcionamento dos motores, emisoras, hélices, placas de control, baterías, etc.

    • Montamos e desmontamos distintas pezas dun drón tipo F450.

    • Un alumno achega un drón estropeado da casa, e entre todos conseguimos reparalo.

    • Imprimimos pezas en 3D (ás e patas de aterraxe) deseñadas en Tinkercad para substituír partes danadas ou mellorar a estabilidade.

    Nesta fase aplicamos contidos de física (equilibrio, forzas, centro de gravidade), tecnoloxía (circuitos, conexións, motores), matemáticas (simetría, medidas, proporcións) e tamén traballo manual e destrezas técnicas. A colaboración coa empresa SpecializedDrone permítenos contar con simuladores, materiais prestados e asesoramento técnico para o alumnado e o profesorado.


    • IMG_20241127_152446.jpg
    • IMG_20241127_152455.jpg
    • IMG_20241127_152457.jpg
    • IMG_20241127_154220.jpg
    • IMG_20241127_154222.jpg
    • IMG_20241127_154337.jpg
    • IMG_20241127_154507.jpg
    • IMG_20241127_154512.jpg
    • IMG_20241127_155308.jpg
    • IMG_20241211_152828.jpg
    • IMG_20241211_152824.jpg
  • Utilizamos o simulador de voo AeroSIM para practicar:

    • Voos en drón e tamén con pequenas avionetas.

    • Manobras de precisión, orientación espacial, aterraxes e planificación de rutas.

    Neste contexto, traballamos conceptos de:

    • Matemáticas: eixes cartesianos, traxectorias, ángulos, cálculo de tempos e distancias.

    • Física: velocidade, aceleración, forzas opostas, resistencia do aire.

    • Tecnoloxía e informática: interpretación de interfaces, manexo de software, simulacións.

    O alumnado comprende, experimenta e analiza en tempo real os efectos de pequenas variacións de parámetros físicos, facendo visible o coñecemento teórico a través da práctica.


    • IMG_20241211_153421.jpg
    • IMG_20241211_153412.jpg
    • CLUB DE CIENCAS.JPG
    • WhatsApp Image 2025-06-25 at 10.20.06.jpeg
    • WhatsApp Image 2025-06-25 at 10.20.07.jpeg
    • Captura 2.PNG
    • Captura.PNG
  • Observando unha obra próxima ao centro na que se constrúe un novo edificio, o alumnado amosa interese polo funcionamento dunha grúa torre. A partir desta curiosidade, deseñamos un reto técnico:

    • Construír a escala unha grúa capaz de xirar sobre o seu mastro e elevar ou baixar cargas.

    • Empregamos materiais reciclados, motores con reductoras e interruptores eléctricos básicos.

    • Durante varias sesións deseñamos, probamos, erramos e melloramos o sistema ata conseguir movementos coordinados.

    Este proxecto permite integrar a física aplicada (torques, palancas, engrenaxes), a tecnoloxía (cableado, motores, interruptores), e a educación ambiental mediante o uso de materiais de refugallo.


    • IMG_20250219_154205.jpg
    • IMG_20250423_153151.jpg
    • IMG_20250423_153205.jpg
    • IMG_20250530_132915.jpg
    • IMG_20250530_132936.jpg
    • IMG_20250604_141055.jpg
    • IMG_20250604_141050.jpg
    • IMG_20250606_135847.jpg
    • IMG_20250606_135843.jpg
    • IMG_20250606_135847.jpg
    • IMG_20250606_135843.jpg
    • IMG_20250604_141055.jpg
    • IMG_20250604_141050.jpg
    • IMG_20250530_132936.jpg
  • Partindo da realidade do noso territorio, decidimos poñer en marcha un proxecto de maior escala: crear un drón sulfatadora adaptado aos viñedos da Ribeira Sacra.

    • Elaboramos croquis e primeiros prototipos.

    • Investigamos sistemas de pulverización, autonomía de voo e distribución de peso.

    • Detectamos que unha das maiores dificultades nos voos é o momento da aterraxe, polo que deseñamos unhas “zapatillas” amortiguadoras, que imprimimos en 3D para evitar danos nos rotores.

    Este proxecto continúa aberto, coa intención de darlle continuidade o próximo curso. Nel conflúen coñecementos de enxeñaría, tecnoloxía agrícola, deseño industrial, programación e mecánica de voo.


    • WhatsApp Image 2025-07-01 at 12.33.11 (1).jpeg
    • WhatsApp Image 2025-07-01 at 12.33.11.jpeg
    • WhatsApp Image 2025-07-01 at 12.33.12 (1).jpeg
    • WhatsApp Image 2025-07-01 at 12.33.12.jpeg
    • WhatsApp Image 2025-07-01 at 12.33.11 (2).jpeg
    • WhatsApp Image 2025-07-01 at 12.33.12 (2).jpeg
    • IMG_20250701_123037.jpg
    • IMG_20250701_123312.jpg
    • IMG_20250701_123321.jpg
    • IMG_20250701_123324.jpg
    • IMG_20250701_123350.jpg
    • IMG_20250701_123352.jpg
    • IMG_20250701_123422.jpg
    • IMG_20250701_123430.jpg
    • IMG_20250701_123435.jpg
    • IMG_20250701_123027.jpg
    • IMG_20250701_123020.jpg
  • O Club de Ciencias convértese nun espazo de aprendizaxe viva e significativa. O alumnado aprende facendo, experimentando e resolvendo problemas reais, combinando os coñecementos teóricos do currículo coa práctica aplicada.

    Destacamos:

    • A integración real dos saberes: matemáticas, física, tecnoloxía, TIC, ciencias naturais...

    • O aumento da motivación, especialmente en alumnado con intereses técnicos ou pouca conexión coas metodoloxías tradicionais.

    • O fomento da autonomía, a curiosidade, a perseveranza e a capacidade de traballar en grupo.

    A pesar de contar cun grupo reducido, os logros obtidos son notables e confirman que a calidade educativa non sempre depende da cantidade, senón do compromiso e do acompañamento.



  • Este proxecto demostra que os dróns son moito máis que aparellos voadores: son unha oportunidade didáctica para transformar a forma de ensinar e aprender. Abren portas a aprendizaxes complexas, contextualizadas e motivadoras, con forte potencial de aplicación na vida real e no futuro profesional do alumnado.

    Recoméndase a continuidade do Club de Ciencias o próximo curso para termimar o proxecto, así como a ampliación de proxectos deste tipo, que conecten o coñecemento escolar coa tecnoloxía, a creatividade e o desenvolvemento sostible do noso territorio.