PRACTICAS DE VOO E MONTAXE DE DRONS
Section outline
-
Realizamos sesións prácticas nas que:
-
Pilotamos diferentes modelos de dróns (autoequilibrados e manuais).
-
Identificamos as súas partes principais e comprendemos o funcionamento dos motores, emisoras, hélices, placas de control, baterías, etc.
-
Montamos e desmontamos distintas pezas dun drón tipo F450.
-
Un alumno achega un drón estropeado da casa, e entre todos conseguimos reparalo.
-
Imprimimos pezas en 3D (ás e patas de aterraxe) deseñadas en Tinkercad para substituír partes danadas ou mellorar a estabilidade.
Nesta fase aplicamos contidos de física (equilibrio, forzas, centro de gravidade), tecnoloxía (circuitos, conexións, motores), matemáticas (simetría, medidas, proporcións) e tamén traballo manual e destrezas técnicas. A colaboración coa empresa SpecializedDrone permítenos contar con simuladores, materiais prestados e asesoramento técnico para o alumnado e o profesorado.
-










