Section outline

  • No IES Daviña Rey, ao longo do curso 2024/2025, desenvolvemos o proxecto “Iniciación ao voo de dróns na ESO”, dentro do Club de Ciencias. Esta iniciativa nace coa intención de promover unha aprendizaxe significativa e funcional, integrando coñecementos procedentes de diversas áreas: matemáticas, física, tecnoloxía, informática, ciencias naturais e mesmo ética e valores.

    O proxecto xorde da necesidade de motivar ao alumnado cun enfoque práctico e próximo á realidade. A tecnoloxía dos dróns preséntase como unha oportunidade perfecta para aplicar contidos curriculares en situacións reais, ao tempo que fomenta competencias clave como o traballo en equipo, a creatividade, a resolución de problemas e o pensamento crítico.