- Inicio
- O centro
- Secretaría
- Xef. Estudos
- E-Dixgal
- Actividades/Biblioteca
- Galerías
- Proxectos europeos
- Calendario
- Contido recente
Viaxando pola Francofonía: Exposición e Visita de ex-alumnos.
Xa se pode ver a exposición de carteis que crearon os alumnos de Francés de 3ºESO da man das profesoras Laura Ferro e Natalia Domínguez para mostrar que o Francés é actualmente a 4ª lingua máis falada do mundo, presente nos cinco continentes e unha ferramenta transversal.
Por este motivo, recibimos a visita dun grupo de ex-alumnos de Francés do Aguiar que falaron da súa experiencia universitaria e da importancia que pode ter esta lingua para o seu futuro.
