Saltar navegación

Agradecementos

Vaia o meu agradecemento a todas as persoas, grupos musicais e de danza e baile que aparecen nas imaxes ou nos audios e se escolleron para ilustrar con fins educativos calquera aspecto da nosa tradición musical.

Polas facilidades para o uso dos materiais ao seu dispor a Moisés Quintas; Senén Bernárdez, director do programa Alalá da TVG e a todo equipo polo excelente traballo; Ernesto E. Calo e a AELG  (Asociación de escritoras e escritores en lingua galega) Arquivo da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG ; a Milagros Bará (Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX); Miguel Losada e a SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega).

Á Fundación Barrié e a Deputación de Pontevedra pola achega das súas publicacións.

A Felisa Segade polo asesoramento e atención. A Xosé Antón Vicente, asesor do CAFI. A Mercedes Prieto e Montse Rivera (ensino de xogos de baile). Á Folkoteca galega. Ao Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira. A Carol Gillanders. A Punto e Volta. A Héctor Castro.

Pola autorización ou cesión de uso das fotografías a Ateneo Santa Cecilia (Facebook), Danza de Darbo (facebook), Emilio Romanos (facebook), entroidodecobres.com, Luciano Pérez Díaz (Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo), Obradoiro de gaitas Seivane, Rancho de reis de Guláns (facebook), Redondela (facebook), Kezka Dantza Taldea Eibar, Rubén Bastón, Septem Trionis, Clarosfking.

A todas as persoas que contribúen, dun xeito ou doutro, á dignificación, preservación e mantemento da música tradicional galega e a nosa cultura.