SCORM 1.2 : Exportación e publicación na Aula Virtual
A exportación dun recurso a SCORM1.2, é semellante a vista anteriormente para Paquete de contido IMS, a diferencia radica á hora de integralo na aula virtual xa que neste caso temos que seleccionar a opción: "Engadir unha actividade-- >Paquete SCORM"

Nota.
Consideras importante obter puntuación na actividade?
Se a tua resposta é afirmativa, ao mellor eXeLearning non é o máis adecuado para o contido que desexas desenvolver para o alumnado.
Interesante teñas en conta o seguinte:
O único Idevice capaz de comunicarse con Moodle para establecer unha puntuación é o Test SCORM, o resto de Idevice agrupados na categoría "Actividades interactivas" permitiran facer un seguimento do traballo dos alumnos pero non coa finalidade de establecer nota avaliativa.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0