Saltar navegación

MATERIAL DE VIDRO

MATERIAL DE VIDRO

O vidro emprégase para o material de laboratorio debido a que presenta as seguintes características:
  • fácil limpeza
  • neutralidade fronte aos reactivos químicos
  • resistencia ao calor
  • resistencia aos álcalis e aos ácidos
  • moi boa resistencia química fronte á auga, as solucións salinas, os ácidos, as bases e os disolventes orgánicos. Só o ataca o ácido fluorhídrico.
  • estabilidade da forma, mesmo a elevadas temperaturas.
  • alta transparencia.
Ao traballar con vidro débese ter coidado polas súas limitacións fronte os cambios de temperatura e os esforzos mecánicos. Estas son as principais recomendacións para evitar danos:
  • Realizar as reacciones exotérmicas, como diluír ácido sulfúrico ou disolver hidróxidos alcalinos sólidos sempre baixo axitación e refrixeración.
  • Non quentar material volumétrico sobre placas calefactoras.
  • Non someter nunca os aparatos de vidro a cambios bruscos de temperatura. Por tanto, non retiralos aínda quentes da estufa de secado, nin colocalos quentes sobre unha superficie fría ou húmida.
  • Montar os equipos de forma firme e sen tensións cun material de soporte adecuado.
  • Non someter nunca os aparatos de vidro a variacións bruscas de presión, por exemplo non airear nunca de golpe aparatos de vidro que estean baixo baleiro.
  • Non utilizar aparatos de vidro con fondo plano (por exemplo matraces Erlenmeyer ou matraces de fondo plano) para facer baleiro, a excepción dos que se fabrican especialmente para traballar con baleiro (por exemplo: desecadores, matraces para baleiro).
  • Non aplicar nunca forza sobre chaves, esmerilados ou conexións vidro/mangueira agarrotados.
  • Utilizar dispositivos de seguridade adecuados como luvas, gafas de protección, pantallas protectoras e similares.

TIPOS DE MATERIAL DE VIDRO

O material de vidro pode clasificarse en:

Actividade despregable

Escolle o nome correcto do seguinte material de vidro:

Habilitar JavaScript

CARACTERÍSTICAS DOS INSTRUMENTOS DE MEDIDA.

Un instrumento valórase por una serie de características:
  • Cota inferior: menor valor da magnitude que pode medir.

  • Cota superior: maior valor da magnitude que pode medir. Nos instrumentos volumétricos é a capacidade máxima.

  • Sensibilidade: menor cantidade de variación da magnitude que pode medir.

Nos instrumentos volumétricos coincide coa cantidade que hai entre as dúas marcas de separación que están máis próximas entre si.

A sensibilidade determina o número de cifras significativas máximo co que podemos expresar unha medida.

  • Exactitude: capacidade do instrumento para dar o valor verdadeiro da medida (calidade).

  • Fiabilidade ou reproducibilidade: capacidade do instrumento para repetir o mesmo valor sempre que se mida a mesma cantidade.

Actividade despregable

Se as seguintes imaxes representan os valores obtidos por medición dun determinado parámetro cuxo valor real se corresponde co centro da diana, escolle as características de fiabilidade e exactitude que se corresponden con cada imaxe.

A:

B:

C:

D:

Habilitar JavaScript

Actividade

Colle unha probeta, unha pipeta, un vaso de precipitados, un matraz aforado e un matraz erlenmeyer e para cads un indica:

  • capacidade máxima
  • cota mínima
  • sensibilidade

MEDICIÓN DE VOLUMES. MENISCO.

O termo menisco utilízase para describir a curvatura da superficie do líquido.
O menisco adopta forma convexa ou cóncava dependendo da relación de forzas de adhesión e cohesión.
Se as moléculas do líquido teñen maior atracción cara a parede de vidro (adhesión) que entre si mesmas (cohesión), o menisco adopta forma cóncava. Isto ocorre no caso das solucións acuosas, por exemplo.
Se a forza de cohesión entre as moléculas do líquido é maior que a forza de adherencia ás paredes de vidro o menisco adopta forma convexa. Isto ocorre no caso do mercurio, por exemplo.
  • No caso dun menisco cóncavo, a lectura do volume realízase á altura do punto máis baixo da superficie do líquido. Este debe tocar o borde superior da división da escala.
  • No caso dun menisco convexo, a lectura do volume realízase á altura do punto máis alto da superficie do líquido. Este debe tocar o borde inferior da división da escala.

Para unha medición axeitada, o recipiente debe estar nunha superficie plana ben nivelada e nós debemos colocar os ollos á altura do menisco.

Modificado de Reading_the_meniscus.png
Rehua. Reading_the_meniscus.png (CC BY-SA)