Hackea la cuarentena
A iniciativa "Hackea la cuarentena" é unha iniciativa dunha comunidade que puxo á disposición de todo aquel que o quixese varios cursos de programación para todos os niveis (dende infantil, con xogos nos que aplicar o pensamento computacional, ata secundaria, con cursos de programación de aplicacións para móviles).
É unha iniciativa 100% online, polo que garantiza o acceso aos recursos, se ben é totalmente "autoformativa": propóñense unha serie de tarefas e posteriormente se indican as solucións a cada unha delas para que cada un poida corrixir o que tivese feito mal.
Cada un dos cursos está orientado a un rango de actividades concreto, con actividades propias para esa idade e numerosos retos en forma de xogos que os estudantes poden crear para practicar os seus avances.
Os contidos a traballar organízanse en clases, pensadas para un día de traballo (entre unha hora e unha hora e media). Ao finalizar cada clase se propón unha tarefa en forma de reto, e a medida que o estudante vai completando as tarefas, avánzase nos contidos e propóñense retos máis complexos, polo que o traballo é completamente independente.
Se ben os contidos a traballar por medio desta ferramenta non se corresponden cos definidos nos currículos oficiais, é unha moi boa ferramenta para traballar outras competencias e adquirir novos coñecementos que lles poden ser de moita utilidade. A principal ventaxa é que non o ven como un traballo de clase, senón como un xogo.