Section outline

    • CREACIÓN E MANEXO DE AULAS VIRTUAIS CON MOODLE: ASPECTOS XERAIS DE MOODLE

      Neste bloque traballarase na creación e manexo de cursos na aula virtual con Moodle. 

      Comenzamos explicando algúns conceptos básicos así como aqueles aspectos de carácter xeral que nos axudarán a entender o funcionamento de Moodle.Veremos cales son os elementos principais que se mostran na pantalla de Moodle, como xestionar a información persoal do usuario, como xestionar os ficheiros propios e os ficheiros do curso no que estamos traballando, así como tamén algúns aspectos que son comúns en canto ao traballo cos recursos e as actividades.

      No apartado Recursos recóllense os recursos informativos máis axeitados para as necesidades formativas do profesorado participante.

      No apartado Tarefas propóñense tarefas ou prácticas concretas a desenvolver, a ser posible, a través do traballo en cursos propios ou cursos de prácticas.

    • Usa o foro para resolver dúbidas ou atrancos:

      1. Antes de nada, mira se alguén expuxo xa a túa dúbida. Se é así, fíxate na resposta.
      2. Se non atopas resolta a túa dúbida ou dificultade:
        1. Preme en "Engadir un novo tema de discusión"
        2. Formula con claridade a dúbida achegando todos os detalles necesarios, evitando títulos xenéricos como "Teño un problema". 
        3. Agarda a resposta

      E se coñeces a resposta á pregunta que formula algún compañeiro ou compañeira non dubides en contestar... a forza está no grupo.

    • RECURSOS

    • TAREFAS

      Practica no teu curso virtual

    • O obxectivo consiste en crear e configurar unha aula virtual complementaria do ensino presencial que servirá para xestionar nela contidos, recursos, actividades, tarefas... dixitais e poder desenvolver a actividade docente en liña.

      • A aula virtual creada en Moodle deberá ter a mesma estrutura organizativa que teña a materia á que complementa. É dicir, se a materia / área organizouse en 12 temas na programación ou nos libros de texto dixitais, a aula virtual deberá ter en paralelo 12 temas para xestionar neles os contidos e actividades dixitais.

      Nivel básico

      Esta tarefa consiste en crear e configurar a estrutura da aula virtual, é dicir:

      1. Crea un curso na aula virtual do teu centro para configurar a túa aula virtual dunha materia ou área. Se non tes creada a estrutura do curso, pídelle ao administrador da AV (Xabier) que che cre unha.

      2. Configura na aula un tema do curso para cada tema da programación ou do libro de texto ou dos materiais dixitais de creación propia da materia ou área elixida. Deberá ter:

          • Unha cabeceira onde recolla o nome da materia ou área, o nome da profesora ou profesor...
          • Tantos temas e cos mesmos títulos que os programados, os do libro de texto....
          • Un tema, oculto ao alumnado, repositorio de materiais e para o mantemento da aula virtual.