O tipo de cambio é o prezo dunha moeda respecto a outra. O tipo de cambio pode ser:

Flexible ou flotante: cando a fixación dos tipos de cambio entre as moedas se deixa ao libre xogo da oferta e a demanda de divisas.

Axustable ou de flotación sucia. Os tipos de cambio determínanse no mercados de divisas pero o banco central do país intervén comprando ou vendendo para corrixir a cotización da moeda cando sobrepasa uns límites máximos ou mínimos.

Fixo: prodúcese cando o tipo de cambio dunha moeda respecto a outra que se toma como referencia, ou con respecto ao ouro, se mantén fixo. Un exemplo é o que se produciu no período de transición ata adoptar o euro, as moedas que formaban parte do euro tiñan un cambio fixo respecto a este dende que entrou en vigor.

Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17