Indica medidas proteccionistas do comercio.
Requisitos do completado
-
Aranceis, impostos ás mercadorías que pasan pola aduana, xeralmente á importación. Aumentan os prezos de venda dos produtos importados, co que a produción nacional pode competir coa estranxeira. Ademais recadan ingresos.
-
Cotas, cupos ou continxentes, cantidades máximas que se poden importar ou exportar (xeralmente son á importación).
-
Medidas de efecto equivalente: trámites e controis aduaneiros, burocracia no comercio internacional.
-
Subvencións á exportación. Reducen o prezo de venda dos produtos nacionais, que poden competir coa produción estranxeira.
-
Dumping, vender a un prezo inferior ao custo de produción.
Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM