Balanza de pagamentos: documento contable por definición equilibrado, que ofrece un rexistro das transaccións económicas (reais e financeiras) realizadas durante un período de tempo entre os residentes dun país e os do resto do mundo.

Todas as operacións dan lugar a dúas anotacións (operación y contrapartida) por idéntica contía en ingresos: o método da partida dobre asegura que a balanza de pagamentos como documento contable sempre está equilibrada (Saldo BP=0). Para logralo está a balanza de ERROS E OMISIÓNS.

As operacións reais anótanse nas contas corrente e de capital en dúas columnas: en INGRESOS cando supoñen unha entrada de divisas (­ Reservas) e en PAGAMENTOS se implican unha saída de divisas (Reservas)

As operacións financeiras son operacións con medios de pagamento e medios de crédito. Anótanse en dúas columnas segundo representen unha variación de Pasivos fronte ao resto do mundo ou unha variación Activos Financeiros fronte ao resto do mundo

Estrutura da BP:

---

Balanza por conta corrente:

B. comercial: Exportacións e importacións de mercadorías.

B. de servizos: Transporte e seguros, viaxes e turismo, asistencia técnica, royalties, comunicacións,...

B. de rendas: Rendas do traballo, alugueiros, xuros, dividendos, ...

B. de transferencias correntes: Transferencias sen contraprestación para gastos correntes (por exemplo do FSE), remesas de emigrantes, subvencións, doazóns e axudas,...)

Balanza por conta de capital: Transferencias de capital (para investimentos) e compravenda de patentes.

---

Balanza por conta financeira:

Investimentos directos de españois no estranxeiro e de estranxeiros en España. Teñen o obxectivo de control dunha empresa: accións (máis dun 10% do capital), préstamos entre matrices e filiais, investimentos inmobiliarios,...

Investimentos en carteira de españois no estranxeiro e de estranxeiros en España. O obxectivo é obter unha rendibilidade: accións, participacións en Fondos de Investimento, bonos e obrigas, ...

Outros investimentos: prestamos e depósitos (non no Banco de España)

Variacións nas reservas de ouro e divisas do Banco de España: reservas e activos fronte ao Eurosistema

Erros e omisións


Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17